SOBRE NÓS
A Comunidade de Montes de Gudín é unha entidade sen ánimo de lucro adicada á xestión e conservación dos montes veciñais en mao común da aldea de Gudín, pertencente ó Concello de Xinzo de Limia. A nosa única motivación é o amor pola nosa terra e o desexo de preservar a nosa riqueza natural e cultural para as futuras xeracións, loitar contra o abandono progresivo do rural e contribuir a fixar poboación dentro do noso territorio. Traballamos por un desenrolo sostible que beneficie á comunidade e protexa o noso entorno.
Datos demográficos ata 2024 (Fonte INE)
ANÁLISE DOS DATOS
De 2000 - 2008 houbo un desdecenso constante (de 155 a 144 habitantes).
De 2009 - 2014 Estabilidad alrededor dos 100-110 habitantes.
De 2015 - 2024 Descenso pronunciado, baixando dos 89 ata os 53 actuales. Un descenso de casi un 40% en 10 anos.
Datos Curiosos
No ano 2000 houbo un pico de poboación cun máximo de 155 habitantes, cunha distribución moi equitativa entre homes e mulleres, sendo o número de mulleres lixeiramente superior ó dos homes. A porcentaxe de mulleres históricamente estuvo sempre por encima do 50%.
DATOS DO MUNICIPIO
ANÁLISE COMPARATIVO
-
Gudín (O rural profundo): A caída é drástica. Dende o ano 2000 (155 habitantes) ata o 2024 (53 habitantes), Gudín perdeu aproximadamente un 65% da súa poboación. É un proceso de "sangría" constante onde a aldea queda con pouco máis dun terzo do que era.
-
Xinzo de Limia (A vila): A súa evolución é moito máis resiliente. No mesmo período, Xinzo pasou duns 9.800 a uns 9.850 (con picos de 10.500 en 2010). En termos relativos, Xinzo mantense nunha variación de apenas un 1-2% respecto ao inicio do século.
¿Por qué ocorre esto?
-
Xinzo actúa como un "imán". En termos relativos, Xinzo absorbe a poboación que marcha de lugares como Gudín. Mentres as aldeas perden poboación relativa de xeito exponencial, a vila mantén a súa masa crítica porque ofrece servizos (institutos, centro de saúde, supermercados).
-
Gudín sofre o que se chama en demografía un "crecemento negativo relativo": ao non haber nacementos nin novos residentes, cada baixa (por falecemento ou emigración) supón unha porcentaxe enorme sobre o total (perder 2 persoas en Gudín é case un 4% do total; en Xinzo non chega ao 0,02%).