
Benvidos á Comunidade de Montes de Gudín
Descubre a beleza dos nosos bosques e fragas e o noso compromiso, en pleno corazón da Serra do Larouco, na Alta Limia, ca defensa da natureza e a protección dos nosos montes. Explora as nosas actividades sin ánimo de lucro, adicadas á conservación, prevención de incendios e ó desenrolo sostible do noso entorno. Axúdanos a protexer e promover o patrimonio natural e cultural de Gudín. Alégrámonos de compartir a nosa pasión por Gudín contigo.

SOBRE NÓS
A Comunidade de Montes de Gudín é unha entidade sin ánimo de lucro adicada á xestión e conservación dos montes veciñais en mao común da aldea de Gudín, petencente ó Concello de Xinzo de Limia. A nosa única motivación é o amor pola nosa terra e o desexo de preservar a nosa reiqueza natural e cultural para as futuras xeracións, loitar contra o abandono progresivo e fixar poboación dentro do noso territorio. Traballamos por un desenrolo sostible que beneficie á comunidades e protexa o noso entorno.
GUDÍN NA REDE
Esta pasada noite caeu unha sorprendente nevada no noso pobo. As folepas inundaron todo o entorno cun manto branco que foi a admiración tanto de cativos como de adultos. Aquí vos deixamos unhas imáxes que alegraron o corazón dos nosos veciños mentras observaban con mirada incrédula tanta beleza.
ACTIVIDADES
PARA OS MÁIS CATIVOS
Os nenos e nenas do noso pobo e arredores están de sorte este Nadal 2025. Mañá día 23 de decembro, en vísperas de que cheque o Apalpador para deixar os agasallos nos nosos fogares, haberá teatro, música e agasallos totalmente gratis no antiguo local da Escola de Gudín ás catro da tarde. Este evento encádrase dentro das actividades navideñas que está levando a cabo a Concellería de Cultura do Concello de Xinzo. Veña rapaces, contamos con vós. Ídelo pasar de cine.
Os avós e os papás non vos esquezades de vir cos cativos.
Crea tu propia página web con Webador